O Concello de Oleiros organiza o domingo 26 de abril a III Festa do Libro na Rúa. Será no Parque José Martí, en Santa Cristina. Haberá actividades para todos os públicos e participarán tamén a Asociación Galega de Escritores, diversos autores e autoras, e as librerías do Concello, que estarán vendendo libros de 12.00 a 19.30 h.
Programación do actos:
12.00 h – Inauguración
12.15 h – Presentación da obra Cantos de dor e liberdade con Xoán Gabeiras e recital de Laura Rei Pasandín, Lois Diéguez,Ramiro Vidal Alvarinho, Celso Álvarez Cáccamo e outros autores/as.
12.30 h- Contacontos Cromosomax, de Marta Aranda
13.00 h – Obra de teatro Unha tarde con Rosalía de Castro, do alumnado do IES Neira Vilas
17.00 h – Alicia, de Pedras de Cartón
18.00 h – Presentación de Diarios de Syra Alonso
18.15 h – Contacontos: Oli y el saltamontes aventurero, de Gemola
18.45 h – Concerto: Copos de Avena
Na carpa anexa haberá presentación de libros e as librerías participantes aplicarán un 5% de desconto.

