A Asociación de Hostalería de Caldas de Reis anunciou hoxe a firma dun acordo estratéxico coa empresa de loxística Caylu. Esta colaboración ten como obxectivo implantar un servizo de repartición a domicilio profesional e de proximidade, cuxa posta en marcha oficial está prevista para o próximo 1 de maio.
Modernización e competitividade local
Esta alianza marca un fito na modernización do sector hostaleiro do municipio. Jesús Fariña, presidente da Asociación, destaca que este movemento é fundamental para mellorar a competitividade dos negocios locais, adaptando a oferta gastronómica de Caldas aos novos hábitos de consumo.
Un impulso estratéxico
A asociación traballa para o desenvolvemento e a defensa dos intereses dos establecementos hostaleiros do municipio, promovendo a calidade e a innovación no sector.
O acordo responde á necesidade de transformar o delivery nun piar estratéxico para bares e restaurantes. Segundo Fariña:
“Cremos que este é un paso necesario para o desenvolvemento da hostalería en Caldas de Reis. Non só facilitamos o consumo aos nosos clientes, senón que dotamos aos nosos negocios dunha ferramenta loxística avanzada que antes estaba limitada ás grandes cidades ou franquías”. Destaca Jesus Fariña.

