O cemiterio municipal de Santa Mariña ampliou a súa capacidade cun módulo de columbarios de nova construción. Esta nova sección componse de 168 unidades que completan unha oferta total de 756 columbarios, un servizo con cada vez máis demanda entre a cidadanía. Cada columbario ten capacidade para unha ducia de urnas de cinsas, así como para unha caixa de restos.
As novas concesións, segundo rexe a normativa municipal, poden facerse por espazo de 5 ou de 50 anos, con prezos que van desde os 75 até os 336 euros, respectivamente. As persoas interesadas poden dirixirse ao servizo municipal de Cemiterios, na rúa Bispo Carrascosa, número 8, teléfono 988 25 35 62.
Con estes novos columbarios, o goberno municipal avanza nos seus plans de mellora e ampliación de capacidade do cemiterio de Santa Mariña, que prevé continuar no futuro coa construción de máis columbarios e nichos, coa finalidade de dar resposta á demanda cidadá.

