A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 34 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.
Licenzas (7). Acordou conceder as licenzas para o proxecto de legalización de obras de rehabilitación dun edificio para vivendas da rúa do Progreso; a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar no Lugar do Monte; as obras de cambio de uso de trasteiro para a ampliación dunha vivenda na rúa Salvador de Madariaga; a reforma dunha vivenda na rúa Nosa Señora do Cristal; a demolición dun edificio na avenida de Santiago; a adaptación como vivenda dun local na rúa Manuel Rubén García e a adaptación como garaxe un baixo na rúa do Mercado.
Aperturas (1). Autorizou o proxecto de ampliación dunha cafetería na rúa Santa Teresita.
Patrimonio (2). Resolveu dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial (unha desistencia e unha inadmisión)
Contratación (3). Aprobou o expediente para contratar a subministración dun vehículo autoescaleira automática articulada para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, por procedemento aberto, cun orzamento de licitación de 1.082.157,45 euros, IVE engadido. Tamén deu o visto e prace aos expedientes para contratar os servizos de desratización, desinsectación e desinfección do Concello, e o de mantemento de 3 aplicacións informáticas.
Xestión tributaria (1). Acordou solicitar á Dirección Xeral do Catastro o encargo á Sociedade Estatal de Xestión Inmobiliaria de Patrimonio, Sociedade Anónima (Segipsa) a realización de traballos catastrais obxecto do convenio de colaboración asinado co Concello de Ourense para o ano 2026.
Alcaldía (2). Aprobou o expediente para contratar o servizo de mantemento integral dos elementos de transporte vertical na rede viaria pública e unha proposta de resolución, para o seu ditame polo Consello Consultivo de Galicia, relativa ao recoñecemento dunha obriga.
Asuntos sociais (2). Aprobou a convocatoria para a concesión de axudas en especie do Concello de Ourense para libros de texto, material escolar e comedor escolar correspondentes ao curso 2026-2027, segundo as bases que rexen a convocatoria. Tamén deu o visto e prace a 2 facturas.
Policía Local (1). Aprobou 4 facturas.
Avogacía Consistorial (14). Deu conta de 12 sentenzas e de 2 decretos.
Fóra da orde do día (1). Aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do procedemento para outorgar a autorización de ocupación temporal do dominio público municipal, en réxime de concorrencia, con destino á instalación e explotación dunha barra de bar durante a celebración das festas do barrio do Couto.

