A xuntanza forma parte do itinerario de visitas que o grupo está a facer por todas as parroquias recollendo e escoitando as demandas veciñais.
A asemblea será o vindeiro luns 27 de abril ás 20 horas no Centro Social de Santa María de Vigo.
A finalidade da reunión será reforzar a comunicación directa coa veciñanza, para poder dar voz ás necesidades e demandas reais da veciñanza trasladando ao ao goberno municipal.
Esta iniciativa súmase ao espazo de atención directa á veciñanza todos os luns ás 19:30 horas nos locais municipais da rúa Río Barcés nº 7, na Barcala (antiga oficina de rexistro).
Asimesmo, tamén invitan a participar por canles non presenciais a través das redes sociais, do correo electrónico cambre@alternativadosvecinos.org, por Whatsapp ou telefonicamente no 604 08 07 82.

