A Xunta de Goberno convalida o gasto para o pago de atrasos ás concesionarias de auga e limpeza, aprobados en pleno en 2025

Redacción
Lectura mínima de 1

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá, nunha sesión extraordinaria e urxente, convalidar a omisión da función interventora e o gasto comprometido nos acordos plenarios dos días 29 e 30 de decembro de 2025. Estes acordos serven para pagar ás empresas concesionarias Viaqua e Ecourense os atrasos derivados da prestación dos servizos de augas e de limpeza, respectivamente.

No caso de Viaqua, a cantidade convalidada ascende a 16.170.069,06 euros pola débeda acumulada na prestación do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais ata o 31 de decembro de 2024. No que respecta a Ecourense UTE, o importe é de 8.547.462,91 euros, correspondente aos custos reais do servizo de limpeza e recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, desde abril de 2022 ata setembro de 2024.

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno aprobou a rectificación dun erro material nun acordo do pasado 23 de abril relativo ao pagamento de dúas facturas do servizo de centro de día que presta a asociación Aixiña.

Comparte este artigo