● A actividade, dirixida a nais e pais, forma parte da liña de formación práctica que a Escola de RCP está a desenvolver en centros educativos e colectivos sociais da provincia
A Escola de RCP do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense impartiu un novo taller de reanimación cardiopulmonar dirixido a nais e pais da asociación de ANPAS do colexio Sacro Corazón de Carballiño.
A sesión reuniu a unha ducia de participantes e estivo orientada a ofrecer coñecementos básicos e prácticos para saber como actuar ante unha emerxencia.
O taller foi impartido por Jaime Cerradelo Lama e María Rodríguez, docentes da Escola de RCP do COE Ourense.
Durante a actividade, os asistentes puideron aproximarse ás manobras básicas de reanimación cardiopulmonar e á importancia de actuar de forma precoz ante unha parada cardiorrespiratoria. Saber recoñecer unha situación de emerxencia, pedir axuda e comezar as manobras adecuadas nos primeiros minutos pode resultar determinante ata a chegada dos servizos sanitarios.
Formación práctica para centros educativos e colectivos sociais
Este taller forma parte da actividade que a Escola de RCP do COE Ourense está a desenvolver para achegar a formación en RCP a centros educativos e colectivos sociais da provincia.
A iniciativa busca poñer ao dispor da cidadanía coñecementos prácticos, accesibles e adaptados a distintos perfís, co obxectivo de mellorar a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia.
Nesta liña, a Escola de RCP xa impartiu este ano un taller dirixido ao alumnado do IES Xesús Ferro Couselo, dentro da súa programación de actividades formativas orientadas á comunidade educativa. A previsión é continuar con este tipo de accións educativas durante o ano.
Estas accións estarán impartidas por enfermeiras e enfermeiros instrutores vinculados á Escola de RCP do COE Ourense, unha rede profesional que o Colexio de Enfermería de Ourense. Villa Valencia, 18 baixo. 32002 Ourense
Comunicación: comunicacion@enfermeriaourense.org Tlfs: 988228417 – 604 03 75 99 Colexio vén fortalecendo desde 2025 co obxectivo de impulsar proxectos de valor para a profesión e para o conxunto da sociedade.
A iniciativa enmárcase, ademais, nun dos obxectivos estratéxicos marcados pola Xunta de Gobierno: abrir o Colexio aos distintos estamentos sociais e contribuír, desde a enfermería, á promoción da saúde, a formación comunitaria e a vixilancia da saúde na provincia.

