Home A Coruña A Xunta mellora o matrial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil...

A Xunta mellora o matrial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil con 4 embarcacións de Salvamento e Rescate

- Anuncio -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega deste material cedido aos concellos de Fisterra, Valdoviño, Barreiros e Vilagarcía de Arousa

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe de 4 embarcacións pneumáticas semirríxidas destinadas a Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) para actuacións de salvamento e rescate nos concellos de Fisterra, Valdoviño, Barreiros e Vilagarcía de Arousa.
As embarcacións entregadas hoxe con case 6 metros de eslora total permitirán reforzar o equipamento destas agrupacións para levar a cabo actuacións de salvamento e rescate en praias costeiras e fluviais. Os concellos beneficiarios deben estar adscritos ao Plan de Salvamento en Praias de Galicia e en zonas dos plans de emerxencias de encoros do Plan de Inundacións de Galicia (Inungal).
Este material enmarcase na orde de axudas da Xunta dirixida ás AVPC de municipios de menos de 50.000 habitantes, a través da que o ano pasado se concederon 932.400 euros a 87 concellos galegos e 2 mancomunidades. Ademais das embarcacións entregadas hoxe entre o material cedido inclúense ademais 12 remolques de emerxencias, 8 vehículos todo terreo tipo pick-up, 37 tendas de campaña para emerxencias, 4 UTV (Utility Task Vehicle), 12 coitelas para retirada de neve e 12 esparexedores de sal.
O vicepresidente primeiro da Xunta destacou o labor altruísta levado a cabo cada día polos voluntarios de Protección Civil para garantir a seguridade dos cidadáns e tamén a súa implicación nos meses máis duros da pandemia en operativos relacionados coa loita contra a covid-19. Así, participaron no reparto de alimentos e medicamentos a persoas en situación de vulnerabilidade e na limpeza e desinfección de lugares públicos. Deste xeito, destacou a colaboración destas agrupacións para reforzar os servizos de emerxencias, sobre todo en actividades de prevención, e mesmo en intervencións.
Alfonso Rueda incidiu na necesidade de investir en prevención para que os efectivos de emerxencias conten co material axeitado para traballar nas mellores condicións e realizar as súas intervencións con seguridade e maior eficiencia.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas