A Policía Local activará o luns un dispositivo especial de tráfico polo paso pola cidade da Volta Ciclista Feminina

Redacción
Lectura mínima de 2

A actividade requirirá pechar á circulación de vehículos as estradas de Ponte Sevilla e Seixalbo desde as 16.45 ata as 17.30, aproximadamente Ourense, 30 de abril de 2026

A Policía Local do Concello de Ourense activará un dispositivo especial de seguridade e tráfico o vindeiro luns, día 4 de maio con motivo do paso pola cidade da Volta Ciclista Feminina. As restricións afectarán principalmente ao sector sur do termo municipal durante a tarde desa xornada. 

Cortes de tráfico e vías afectadas. Para garantir a seguridade das deportistas e do público, procederase ao corte total da circulación en dúas vías: 

• Estrada de Ponte Sevilla (OU-517). 

• Estrada de Seixalbo (OU-105). 

O acceso a estas estradas quedará restrinxido desde a glorieta que conecta a avenida de Zamora coas mencionadas OU-517 e OU-105. 

Puntos de desvío e horarios. As patrullas de servizo e a sinalización circunstancial desviarán o fluxo de vehículos en dous puntos críticos: 

• Intersección da avenida de Zamora con Nosa Señora da Saínza. 

• Intersección da avenida de Zamora coa Avenida da Universidade. 

O horario previsto para estas restricións de mobilidade será, aproximadamente, desde as 16.45 ata as 17.30 horas. No entanto, este intervalo está suxeito á propia evolución da carreira e ás indicacións que dean os axentes no lugar. 

A Policía Local fai un chamamento á colaboración cidadá e recomenda:

• Procurar rutas alternativas e evitar a contorna da avenida de Zamora e as saídas cara a Seixalbo e Ponte Sevilla. 

• Anticipar traxectos para evitar posibles retencións nos puntos de desvío. 

• Seguir estritamente as instrucións do persoal de Policía Local presente no dispositivo. 

O paso da volta afectará tamén a dúas liñas do servizo de autobuses urbanos:

• Liña 3: Santa Cruz – O Cumial e

• Liña  4 Eirasvedras – Seixalbo.

Desde as 16.45 h ata as 17.30 horas farán os seus percorridos ata a Avenida da Universidade (A Cuña).

Comparte este artigo