O Teatro Rosalía retoma a súa actividade esta tarde co espectáculo “Pura” da compañía coruñesa Os Náufragos con todas as localidades vendidas o que demostra a fidelidade do público coruñés
A programación de artes escénicas do IMCE para o primeiro semestre do ano arrinca hoxe de novo cun cheo absoluto despois de consolidarse no ano 2020 na súa aposta polo apoio ás compañías de artes escénicas e sen cancelar apenas algún espectáculo e reforzando programación con todas as medidas e protocolos de seguridade COVID. O compromiso co sector escénico e o apoio ás compañías é total por parte do Concello da Coruña. Así pois, o Fórum Metropolitano, o centro Ágora e o Teatro Rosalía de Castro (TRC) volven a abrir as súas portas cun protocolo COVID específico. Un protocolo conservador cuxo único fin é garantir a seguridade das persoas traballadoras, das e dos artistas, persoal técnico e público xeral. Poderemos seguir desfrutando das mellores compañías de artes escénicas, con todas as garantías de seguridade: a capacidade do Fórum Metropolitano, do Ágora e do TRC, que en circunstancias de normalidade contan cunha capacidade para 300, 535 e 673 persoas, continúa reducido a 51, 90 (e 9 unidades familiares para Bebescena) e 166 respectivamente, garantindo en todo momento a distancia mínima interpersoal. Sendo obrigatorio o uso da máscara de protección en todo momento a partir dos 6 anos e recomendable entre os 3 e os 5. Como sempre, trátase dunha programación elaborada polo IMCE, que segue consolidando públicos, a través da diversidade de disciplinas e a variedade de estilos. Unha programación para todos os públicos composta por danza (Festival TRC Danza) e teatro para persoas adultas (ciclos Sen Numerar no Fórum e Principal do TRC), espectáculos para público infantil e familiar (ciclos Todo Público e Bebescena) e espectáculos escolares (ciclo Todo Público Escolar). O programa do Fórum está composto por 14 compañías, que realizarán un total de 37 funcións, con 14 espectáculos diferentes e 23 días de programación; no Ágora está composto por 4 compañías, que realizarán un total de 8 funcións de 4 espectáculos diferentes en 4 domingos, e no TRC está composto por 10 compañías de teatro con 14 funcións, que se desenvolverán desde o 20 de febreiro ata o 13 de xuño. Como novidades, as funcións dos venres e sábados para público adulto adiantan o seu horario ás 20.30h no Fórum e ás 20.00 no TRC para poder cumprir coas restricións á mobilidade vixentes. Ante as circunstancias actuais, os espectáculos poderán sufrir modificacións nos horarios segundo as diferentes normativas que poidan ir xurdindo, garantindo en todo momento a devolución total do importe das entradas en caso de non poder asistir se estes horarios sufrisen cambios. Ademais, ante a situación de capacidades reducidas, no Fórum Metropolitano en cada función escolar asistirá un único centro educativo e realizarase o segundo pase de cada espectáculo media hora máis tarde, para facilitar a limpeza e ventilación do auditorio. Os prezos das entradas para os espectáculos para adultos no Forum serán de 9 euros en xeral e 7 euros para persoas desempregadas, + 65 anos e carné xove, e os dirixidos a público familiar e infantil (en Fórum e Ágora) será de 6 euros e 2 euros para menores de 3 anos e 15 euros o abono 3 (3 entradas para a mesma función). E no TRC, segundo a tarifa, a partir de 14, 10, 8 e 6,5 euros (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%) As ventas faranse a través da web https://corunacultura.sacatuentrada.es; no despacho central de billetes da praza Ourense, de luns a xoves (agás festivos) de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 18.00 horas e venres de 10.00 a 15.00 horas, e unha hora antes de cada espectáculo no despacho de billetes de cada recinto (se quedan entradas). Mais información en https://www.coruna.gal/cultura ANEXO 1.Programación TRC: – 20 de febreiro PURA, de Os Náufragos Teatro – ESTREA Con Denis Gómez, Rebeca Vecino, Nicolás Gaude, Santi Cuquejo Dramaturxia: Ismael G. Candal, Gustavo del Río Dirección: Gustavo del Río – 27 de febrero ESTRELA DO DÍA, de Producións Teatrais Excéntricas – ESTREA Con Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez Autoría e Dramaturxia: Quico Cadaval Dirección: Marcos PTT Carballido – 6 de marzo GOLFA, coprodución de Primera Toma y Crémilo Con Fran Cantos, María Rivera, Ninton Sánchez, Ana Varela, Dramaturxia e dirección: Jose Padilla – 13 de marzo O MOZO DA ÚLTIMA FILA, de Redrum Teatro Con Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Rubén Porto, Machi Salgado Autor: Juan Mayorga Director: Alex Sampayo – 26 e 27 de marzo QUITAMEDOS, de Kukunka Teatro Con Luis Moreno, Jesús Barranco Texto e dirección: Iñaki Rekarte – 16 e 17 de abril EL PRINCIPE CONSTANTE, de la Compañía Nacional de Teatro Clásico Con Lluís Homar, Arturo Querejeta, Jose Juan Rodríguez, Beatriz Argüello, Rafa Castejón, Egoitz Sánchez, Jorge Varandela, Lara Grube, Jose Juan Sevilla, Álvaro de Juan, Marina Mulet, Iñigo Álvarez de Lara, José Cobertera, Jonás Alonso, Irene Celestino, Jorge Llamas, Isabel Juárez, Alfonso Nieves Dramaturxia: Albert Arribas Dirección: Xavier Alberti – 23 de abril BERNARDA, de Malasombra Con Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja Autor e director: Jose Prieto – 24 de abril Spotliht , de Can Cun Quinqué Con Isabel Sánchez, Clara Ferrao, Leodan Rodrígeuz e Igancio García. Programación Especial Día Internacional da Danza 2021 – 30 de abril e 1 de maio PRINCIPIANTES, coprodución de Vania, Producciones OFF, Carallada e Teatro del Canal Con Javier Gutiérrez, Mónica Regueiro, Daniel Pérez Prada, Vicky Luengo Baseado nas historias de Raymond Carver Versión: Juan Cabestany Dirección: Andrés Lima – 8 de maio CRÓNICAS DO PARAÍSO, de Sarabela Teatro Con Fina Calleja, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Elena Seijo Dirección e creación: Gonçalo Guerreiro – 28 e 29 de maio ESPERANDO A GODOT, de Pentación Espectáculos Con Pepe Viyuela, Alberto Jiménez, Juan Díaz, Fernando Albizu, Jesús Lavi Autor: Samuel Beckett Dirección: Antonio Simón Entre o 3 e o 13 de xuño celebrarase o Festival TRC-Danza Primavera 2021 cun nutrido número de compañías de danza, artes do movemento e creación contemporánea e cunha ampla batería de actividades paralelas que presentaremos no seu momento.



