O Ministerio Fiscal non formula acusación por prevaricación contra o alcalde de Ourense

Redacción

Ademais, a Fiscalía oponse ás acusacións de falsidade e malversación efectuadas por parte da acusación particular

O Ministerio Fiscal non realiza acusación por prevaricación contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, no marco das Dilixencias Previas 674/2025 que se están a tramitar no Tribunal de Instancia de Ourense.

Ademais de non presentar cargos, o Ministerio Fiscal presentou un escrito de impugnación no que se opón formalmente ás acusacións de falsidade e malversación que foran efectuadas por parte da acusación particular. A Fiscalía, de feito, xa arquivara unha denuncia similar contra Gonzalo Pérez  Jácome en 2025.

Comparte este artigo