A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.
Licenzas (7). Concedeu a licenza de obra para o proxecto de rehabilitación integral, para a mellora enerxética, dun edificio de vivendas na rúa do Mercado. Tamén autorizou a división dun piso no edificio Torre de Ourense e estimou dúas solicitudes de declaración de innecesariedade para a división de parcelas na rúa Alejandro Pedrosa e no Cumial. Por outra banda, declarou a caducidade dunha licenza de obras, e denegou a autorización para o proxecto de adaptación dun baixo para uso residencial na rúa Doutor Peña Rey e a solicitude para legalizar a instalación dun silo de pellet na rúa Ponte Codesal.
Patrimonio (1). Deu conta da desistencia dunha reclamación de responsabilidade patrimonial.
Contratación (1). Aprobou a modificación do contrato de obras de “Acondicionamento e mellora dos espazos urbanos na rúa Alejandro Pedrosa”.
Xestión económica e orzamentaria (3). Deu o visto e prace a tres liquidacións, relativas aos servizos de centro de día para persoas dependentes (meses de novembro e decembro) e transporte colectivo urbano de viaxeiros (mes de decembro), pola parte a compensar co importe correspondente ao prezo público.
Avogacía consistorial (15). Deu conta de dúas sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e foi informada de que o Concello deberá comparecer en 13 procedementos diante dos tribunais de instancia de Ourense.

