A policía Local do Concello de Ourense informa de que con motivo do acto relixioso da celebración da Procesión de Fátima, o vindeiro mércores día 13 de maio, procederase ao corte del tráfico rodado a partir das 22:00 horas ata a finalización da mesma, nos viales polos que discurre dito evento, sendo os seguintes:
- Rúa Ervedelo, dende intersección coa Rúa Monseñor José Álvarez ata a Rúa Progreso.
- Rúa Progreso dende intersección coa Rúa Ervedelo, desviarase o tráfico á altura da rotonda Concepción Arenal.
- Rúa Progreso dende baixada á Praza de Abastos, desviándose o tráfico rodado por baixada á Praza de Abastos dirección Rúa Irmáns Xesta.
Tamén cortarase ao tráfico nos seguintes viales:
- Praza Eugenio Montes
- Rúa Cruz Vermella
- Rúa Lamas Carbajal
- Praza de Santa Eufemia
- Rúa Juan de Austria

