Miguel Ángel Revilla enche o auditorio de Redondela nunha emotiva e divertida viaxe pola súa biografía

Redacción

O histórico líder cántabro, Miguel Ángel Revilla, ofreceu hoxe unha charla memorable en Redondela ante un auditorio ateigado que colgou o cartel de completo. Acompañado pola alcaldesa, Digna Rivas, Revilla fixo gala do seu carisma nun acto que alternou a reflexión íntima coas anécdotas que provocaron as gargalladas dos asistentes. Aos seus 83 anos, Revilla realizou un fondo repaso da súa biografía, emocionando ao público ao lembrar as súas orixes humildes la localidade cántabra de Salceda. Narrou a dureza da súa infancia e o papel que tivo na súa traxectoria a súa familia. Repasou o seu paso polo Goberno de Cantabria (en dúas etapas entre 2003 e 2023).

Pola súa banda, a alcaldesa Digna Rivas agradeceu a visita de Revilla a Redondela, onde mañá ofrecerá o pregón da Festa do Choco. A rexedora destacou a súa xenerosidade “por compartir o seu legado persoal e político”, destacando a súa capacidade para conectar coa xente do común, e ser un referente para varias xeracións.

Comparte este artigo