O despregamento de maquinaria pesada por parte da Xunta, imposibilita o xiro e o tránsito do transporte público na zona. O Alcalde lidera un dispositivo de emerxencia para facer roteiros alternativos e evitar que os veciños paguen as consecuencias dunha obra allea ao municipio.
O Concello de Ourense informa de que, debido á instalación dunha ou dúas grúas de grandes dimensións por parte da Xunta de Galicia con motivo das súas obras na zona de Cudeiro, o servizo de autobús urbano verase imposibilitado de completar o seu roteiro habitual a partir de mañá, martes 12 de maio. A ocupación total da calzada por parte da administración autonómica impedirá fisicamente o paso dos vehículos de transporte colectivo durante dez días.
Ante esta situación creada por unha actuación allea á competencia municipal, a área de Transportes atopou a solución, utilizando un servizo de lanzadeira cun microbús, mantendo os horarios habituais.

