AS FESTAS DO COUTO ocasionará cortes e restricións de tráfico no barrio de “O COUTO”

Redacción

A policía Local do Concello de Ourense informa do CORTE DE TRÁFICO CON MOTIVO DÁ CELEBRACIÓN DÁS FESTAS POLULARES DO BARRIO DE “O Couto”

Durante os días 14-15-16 e 17 de maio debido aos actos previstos para a celebración das festas populares do barrio do Couto, comunícase aos usuarios e residentes que, co obxectivo de garantir o correcto desenvolvemento dos actos programados e salvagardar a seguridade cidadá, procederase á implementación das seguintes restricións no tráfico rodado:

-Rúa Francisco de Moure:

Vixencia: Desde a data actual ata a finalización dos eventos. ( Incompatibilidade técnica entre o mobiliario e infraestruturas instaladas para o evento e o tránsito de vehículos de motor, primando a seguridade viaria)

-Rúa Dalí:

Establécese un plan de cortes intermitentes segundo o seguinte cronograma:

Xoves 14 e venres 15: Restrición de acceso a partir do 18.00 h ata a conclusión da xornada.
Sábado 16 e domingo 17: Restrición de acceso a partir do 17.00 h ata a conclusión da xornada.
Sábado 16 e domingo 17: Restrición de acceso a partir do 17.00 h ata a conclusión da xornada. Rúa Pardo de Cela
Sábado 16: Interrupción da circulación a partir do 23.15 h. • Motivación: Despregamento do perímetro de seguridade necesario para a execución do espectáculo pirotécnico.

Nota Adicional: Sen prexuízo do anterior, a autoridade competente poderá efectuar cortes puntuais e desvíos alternativos noutros viais adxacentes do barrio segundo as necesidades operativas do momento, co fin de priorizar a protección do fluxo peonil durante a celebración das festividades.

Recoméndase aos condutores o uso de vías alternativas e o seguimento das indicacións dos axentes policiais e sinalización circunstancial.

Comparte este artigo