A Concellería de Educación do Concello de Ourense abrirá o prazo de preinscrición do 18 de maio as 9:00 h da mañá ao 8 de xuño as 14:00 h, ambos incluídos.
Para optar a unha praza na Escola Municipal de Música de Ourense para o curso 2026/27, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario de preinscrición habilitado para tal fin. O prazo de preinscrición será do 18 de maio as 9:00 h ao 8 de xuño as 14:00h , ambos incluídos.
A inscrición será exclusivamente en liña a través do seguinte enlace:
https://actividades.ourense.gal/formulario/PREEMM26/gl
A adxudicación provisional das prazas realizarase con posterioridade ao prazo de preinscrición, unha vez revisadas as solicitudes e a documentación achegada, e aplicados os criterios de baremación, selección e organización recollidos nas normas.
As listaxes provisionais das persoas admitidas publicaranse na web municipal de Educación, https://educacion.ourense.gal, o día 1 de setembro.
As listaxes definitivas publicaranse posteriormente na mesma web, na data que se comunicará máis adiante, xunto coa información relativa ao proceso de matrícula, prazos, horarios e demais indicacións necesarias.

