Ewaric acada o segundo posto e ambas formacións estarán presentes no cartel do festival, que se celebrará o 4 e 5 de setembro no Barrio das Flores
Penitence in Darkness e Ewaric conseguiron o primeiro e segundo posto da batalla de bandas do Flores Rock, celebrada este sábado na praza do Sol Nacente do Barrio das Flores. Ambas formación actuarán no festival que se celebrará os días 4 e 5 de setembro.
Un total de oito bandas participaron este sábado neste concurso musical organizado polo Concello e a Plataforma Veciñal do Barrio das Flores co obxectivo de apoiar a bandas de rock e metal emerxentes e darlles cabida na programación cultural da cidade. Keepers, Five Pipers, Here Comes The Pain, Baila Cuchillo, Graxa, Ewaric, Replicantes e Penitence In Darkness foron as bandas que actuaron ao longo da tarde.
Penitence in Darkness conseguiu a mellor votación da xornada e, ademais de actuar no Flores Rock 2026, obtivo como premio unha sesión de gravación dun videoclip. Ewaric, como segunda clasificada, levou como premio una experiencia nun estudio de gravación.

