Alternativa critica gastar máis de 6.000 euros nun pleno “sen solucións para Cambre”

Redacción

Unión por Cambre (UxC) solicitou a realización dun pleno extraordinario para abordar a situación do Concello, unha iniciativa que parece máis orientada á confrontación política que a procura de solucións reais para Cambre.

Dende Alternativa cuestionan a utilidade desta convocatoria e consideran que os asuntos propostos poderían tratarse nos plenos ordinarios, comisións informativas e xuntas de voceiros, evitando así o custo económico adicional que supón a sesión.
O grupo lembra que, tras unha década á fronte da alcaldía, UxC “pretende agora esixir explicaicóns sobre unha situación que tamén é consecuencia directa da súa propia xestión.”
“Cambre necesita responsabilidade política, capacidade de acordo, transparencia coa veciñanza e propostas útiles, non maís ruído nin confrontación estéril.” conclúen desde Alternativa

Comparte este artigo