A xestión socialista consolida a solidez das súas contas acadando un remanente de 23,3 millóns de euros para investimentos

Redacción

A liquidación do orzamento de 2025 confirma un Resultado Orzamentario Axustado de 14,5 millóns de euros. O grupo socialista esixirá que o superávit sirva para a blindaxe dos servizos públicos e dos grandes proxectos fronte ao relato inventado do PP da parálise.

Agora o que toca é actuar. Por iso esiximos ao Goberno de Candia que tramite de maneira urxente a incorporación destes fondos ao orzamento municipal. Lugo non pode permitirse perder máis tempo entre conspiracións, propaganda, confrontación e titulares baleiros”, sinalou Miguel Fernández.

Eses recursos teñen que servir para investir nos barrios e nas parroquias, para reforzar o emprego, para seguir ampliando o escudo social e para continuar modernizando a cidade”, engadiu o voceiro.

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Lugo coñeceu hoxe os datos definitivos da liquidación orzamentaria correspondente ao exercicio 2025, tras a firma do Decreto de Alcaldía nº 4024/2026 do pasado 15 de maio. O informe emitido polo Servizo de Intervención Xeral certifica unhas contas municipais saneadas, transparentes e cunha altísima capacidade de financiamento que desmonta por completo a estratexia de confrontación e as mensaxes alarmistas da oposición.

Neste sentido Miguel Fernánde sinalou que “fronte ao ruído e as falsidades do Partido Popular, os datos do informe de Intervención falan por si sós: Lugo contaba cun Goberno que xestiona con responsabilidade, que ten superávit e que dispón de 23,3 millóns de euros para mellorar a cidade. Esiximos xa a tramitación urxente para incorporar estes fondos ao orzamento corrente, porque a nosa prioridade absoluta son os barrios, as parroquias, o emprego e o escudo social municipal e coma sempre poñer ás persoas no centro da acción política”.

A magnitude máis relevante do informe técnico sitúa o Remanente de Tesourería para Gastos Xerais (RTGX) en 23.338.867,96 euros. Esta contía supón un fondo totalmente dispoñible e libre de cargas que as áreas xestionadas polo executivo usurpado pretendían incorporar de inmediato ao orzamento corrente. O obxectivo político baseabase en: garantir o benestar das persoas, dinamizar a econonía local e soster o forte escudo social que caracteriza a acción de goberno progresista.

“Agora o que toca é actuar. Por iso esiximos ao Goberno de Candia que tramite de maneira urxente a incorporación destes fondos ao orzamento municipal. Lugo non pode permitirse perder máis tempo entre propaganda, confrontación e titulares baleiros”, sinalou Miguel Fernández.

“Eses recursos teñen que servir para investir nos barrios e nas parroquias, para reforzar o emprego, para seguir ampliando o escudo social e para continuar modernizando a cidade. Porque esa foi sempre a nosa forma de gobernar: poñer ás persoas no centro da acción política e defender os intereses da maioría social de Lugo”, engadiu Fernández Méndez.

Un modelo socialista de xestión: Eficiencia económica e xustiza social

O voceiro socialista salientou que a estabilidade orzamentaria do Concello reflictese de forma nítida no Resultado Orzamentario Axustado, que acada os 14.526.655,70 euros de superávit real. Ao longo do exercicio 2025, o volume total de créditos definitivos xestionados acadou a cifra histórica de 148.827.571,63 euros, dos cales executaronsed e recoñeceron obrigas netas por valor de 115.982.581,33 euros.

“Gobernar con rigor significa xestionar os recursos públicos con prudencia pero sen deixar a ninguén atrás. Estes 23,3 millóns de euros non van quedar nun caixón; imos esixir que revertan as veciñas e veciños de Lugo” para non perder nin un só día mais na tramitación das novas partidas que a día de hoxe xa deberían estar incorporadas se non se tivera presentado a moción de censura.

Aplicación práctica dos remanentes e prioridades políticas

En termos de aplicación práctica dos orzamentos aprobados polo gobernó lexítimo, o GM dos socialistas estará vixiante para a:


  • Blindaxe dos grandes proxectos (Capítulo 6): Os créditos vinculados a financiamento afectado (subvencións europeas e convenios) son de incorporación obrigatoria segundo o artigo 182.3 do TRLRFL. Deste xeito, garántese a continuidade sen fisuras de obras estratégicas como o Museo da Romanización no Cuartel de San Fernando.
  • Reforzo de servizos públicos e igualdade (Capítulos 1 e 2): Aínda que os gastos ordinarios correntes expiran por anualidade, a dispoñibilidade do remanente de gastos xerais permitirá financiar suplementos de crédito para fortalecer os servizos públicos esenciais e blindar os plans municipais de igualdade, normalización lingüística do concello….
  • Seguridade para o tecido empresarial (11,54 M€): Garántese a plena execución e o pago áxil de todos os compromisos firmes e adxudicacións en vigor herdadas do exercicio anterior.

DATOS OFICIAIS — LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO 2025

Concepto Orzamentario (Informe Intervención)Contía Oficial en Euros (€)
Créditos Definitivos Xestionados en 2025148.827.571,63 €
Obrigas Recoñecidas Netas (Gasto Real Executado)115.982.581,33 €
Resultado Orzamentario Axustado (Superávit Saneado)14.526.655,70 €
Remanente de Tesourería para Gastos Xerais (RTGX)23.338.867,96
Comparte este artigo