Cambre sen actividades para a veciñanza

Redacción

Alternativa volverá a reclamar explicacións ao goberno municipal pola falta de avances na contratación da “Escola de Actividades físicas e saúde” e tamén pola ausencia de programación sociocultural e de lecer para este verán.

O grupo denuncia que o Concello segue sen ofrecer actividades para a veciñanza, mentres que asociacións e clubs están a asumir parte desa carencia coa súa propia actividade e implicación.
O executivo municipal comprometeuse o pasado mes de marzo a avanzar na publicación da licitación da “Escola de actividades físicas e de saúde”. Sen novidades a día de hoxe, o mesmo que coa campaña de verán de actividades xuvenís ou as actividades socioculturais.
Alternativa volve a poñer en evidencia a falta de equilibrio: xa que contratos menos “populares”, dende o punto de vista político, non se están a impulsar coa misma celeridade e eficiencia que outros máis “festivos”.

Comparte este artigo