O paseo do Mero acumula maleza e incidencias sen avances no seu mantemento

Redacción

Alternativa trasladará ao goberno municipal as queixas veciñais polo estado do paseo fluvial do río Mero, afectado nas útlimas semanas pola avance da maleza e a falta de mantemento.

Cambre continúa sen novidades sobre o posible convenio con Augas de Galicia para a xestión do mantemento do  espazo, anunciado hai máis dun mes polo goberno municipal.

Ademáis de maleza, Alternativa advirte da presenza de ramas á altura das persoas viandantes e de, a lo menos, unha árbore caída na senda, incidencias que considera necesario se resolvan. 

Comparte este artigo