Miguel Fernández afirmou que este tipo de nomeamentos “non responden a criterios de capacidade nin de organización institucional, senón a equilibrios artificiais deseñados para repartir poder tras a moción de censura”.
O portavoz socialista foi especialmente contundente ao cualificar esta situación de “insultante para a cidadanía e difícilmente asumible mesmo para os propios concelleiros do Grupo Municipal Popular, que ven como se desvirtúa o funcionamento normal das institucións para sostener acordos baseados en pagamentos encubertos”.
Miguel Fernández calificou hoxe como “profundamente revelador” que a concelleira tránsfuga María Reigosa presida a Comisión de Urbanismo, Mobilidade, Obras e Zona Rural, unha decisión que, ao seu xuízo, “evidencia de maneira clara a existencia de pagamentos políticos derivados da moción de censura”.
O portavoz municipal socialista afirmou que este tipo de nomeamentos “non responden a criterios de capacidade nin de organización institucional, senón a equilibrios artificiais deseñados para repartir poder tras a moción de censura”. Neste sentido, advertiu de que o Goberno de Candia “está a servirnos un exemplo máis de como se están utilizando os resquicios legais para regatear o espírito da normativa”.
Fernández subliñou que, aínda que a lei non prohiba de forma expresa determinados nomeamentos, “o espírito do marco antitransfuguismo é inequívoco: impedir que o transfuguismo se converta nun instrumento para acceder ou manter cotas de poder dentro das institucións”. Por iso, considerou que a decisión de poñer unha edil tránsfuga á fronte dunha comisión tan relevante “supón unha burla a ese principio e un deterioro evidente da calidade democrática”.
O portavoz socialista foi especialmente contundente ao cualificar esta situación de “insultante para a cidadanía e difícilmente asumible mesmo para os propios concelleiros do Grupo Municipal Popular, que ven como se desvirtúa o funcionamento normal das institucións para sostener acordos baseados en pagamentos encubertos”.
“Non estamos ante unha cuestión menor nin técnica. Estamos ante outra mostra máis dun modelo de goberno sustentado na aritmética da moción de censura e non no interese xeral de Lugo”, afirmou.
Fernández concluíu advertindo de que o Grupo Municipal Socialista continuará a fiscalizar este tipo de decisións “que poñen en cuestión a ética institucional e o respecto aos principios básicos de funcionamento democrático nas administracións locais”.

