Este mércores de madrugada sairá só desde a capital de España para chegar a Valencia antes de que remate o día
O Concello de Nigrán patrocina ao nigranés Adrian Trillo no seu reto persoal de completar este mércores a distancia Madrid-Valencia en bicicleta dunha tacada. Así, este veciño de 35 anos da rúa Bouzavella (Panxón) vestirá unha equipación serigrafiada coa marca ‘Nigrán, equilibrio natural’ para cumplir o seu novo obxectivo (anteriormente fixo Madrid-Oporto).
O deportista, que non pertence a ningún equipo e está moi habituado a saír á estrada solo, “arrancara” ás 4:00 da madrugada para, se todo vai segundo o previsto, chegar á meta arredor das 22:00 horas e superar así os 350 km en 16 horas.
“Gústame practicar distancia e pensei neste trazado porque supón atravesar media España e resulta factible”, explica Adrian, a quen o concelleiro de Deportes, Roberto Garrido, e o alcalde, Juan González, lle transmitiron persoalmente o seus ánimos e bos desexos. No seu reto ira só en bicicleta pero supervisado a distancia polo seu pai, o seu compañeiro incondicional.

