Alternativa solicita información das actuacións previstas nos centros educativos

Redacción

O grupo trasladou na Xunta de goberno diferentes cuestións relacionadas coas actuacións previstas nos centros educativos do municipio, despoís do encontro do goberno local co novo director territorial de Educación da Xunta de Galicia.

Alternativa interesouse polas obras e reparacións previstas nos diferentes Centros Escolares e confirmou que dende o Concello se está a manter un contacto directo coas ANPAs e cos equipos directivos dos centros.
Segundo informou o goberno municipal as actuacións máis prioritarias executarnse previsiblemente durante o periodo estival.
Alternativa dos Veciños sinalan que seguirán de preto o desenvolvemento destas actuacións e a evolución das necesidades trasladadas pola comunicade educativa. E continuará insistindo na convocatoria do Consello Escolar, como foro para abordar estas cuestións.

Comparte este artigo