Jorge Bustos insta ao goberno de Candia a non perder máis tempo no proceso de renovación del tartán del estadio Gregorio Pérez Rivera

Redacción

El edil socialista advirte de que a falta de iniciativa nas últimas semanas pon en risco o cronograma do anterior goberno que programou acometer a obra durante o periodo estival para non impedir la actividad deportiva na instalación.

O anterior executivo deixou preparada a partida económica aprobada no orzamento de 2026 e o proxecto técnico completamente redactado, á espera unicamente da elaboración dos pregos por parte da administración local para proceder á súa licitación.

“O que está a suceder é unha perda de tempo inaceptable. Levamos case tres semanas fundamentais nas que non se avanzou no esencial:  licitar a obra xa para cumprír os prazos que estaban perfectamente planificados”, sinalou.

O responsable de Deportes do grupo municipal socialista, Jorge Bustos,  esixe ao Goberno de Candia que axilice de maneira inmediata a renovación do tartán da pista de atletismo Gregorio Pérez Rivera, co obxectivo de garantir que a instalación estea plenamente operativa antes do inicio da tempada 2026-2027.

Bustos advertiu de que o atraso acumulado nas últimas semanas pon en risco un proxecto estratéxico deixado encamiñado polo anterior Goberno,  e que contaba cunha partida consignada de 650.000 euros e cun proxecto de execución xa finalizado. “O que está a suceder é unha perda de tempo inaceptable. Levamos case tres semanas fundamentais nas que non se avanzou no esencial:  licitar a obra xa para cumprír os prazos que estaban perfectamente planificados”, sinalou.

Bustos subliñou que o cronograma deseñado polo anterior executivo tiña como prioridade executar a obra no período estival, aproveitando a menor actividade deportiva para minimizar o impacto nos clubs e garantir que o estadio chegase ao outono en condicións óptimas. “Cada semana de atraso compromete unha infraestrutura clave para o deporte lucense”, engadiu.

O concelleiro socialista acusou ao Goberno local de “perder oportunidades e tempo valioso” e reclamou responsabilidade na xestión dun proxecto que cualificou de “imprescindible para o futuro do atletismo en Lugo”. Ademais, Bustos afeou a falta de iniciativa do novo responsable de deportes. “Gobernar implica rigor, entrega e fixar un rumbo para cumprir obxectivos. Algo que non está facendo o actual goberno e supón un risco para práctica do atletismo na nosa cidade”, dixo.

O estadio de atletismo Gregorio Pérez Rivera é unha instalación municipal de referencia no atletismo lucense. Sendo a única pista homologada na cidade para a práctica deportiva, a renovación do tartán resulta esencial para manter dita homologación e garantir que os e as deportistas poidan seguir competindo e acadando éxitos coas máximas garantías.

O tempo é un factor determinante nesta intervención. A actuación debe executarse no verán, cando a actividade deportiva é menor, para evitar interferencias no inicio da tempada 2026-2027 e asegurar unha posta en servizo axeitada.

“Aínda que Lugo conta coa infraestrutura da Cidade Cultural, esta non dispón de pista homologada, polo que non pode asumir o volume de actividade deportiva que concentra o estadio de atletismo, o que implica que de no cumprirse os prazos previstos as competicións da próxima tempada están en risco”, relatou o que foi responsable de Deportes.

Antes de rematar, Bustos adiantou que esixirá por escrito ao Goberno local que proceda con carácter inmediato á redacción dos pregos de licitación para a súa posterior adxudicación, co fin de garantir que a renovación do tartán se execute na xanela temporal óptima e co menor prexuízo posible para os clubs da cidade de Lugo.

Comparte este artigo