O Concello recibirá mañá á Unión Deportiva Ourense na Praza Maior para celebrar o histórico ascenso á Primeira Federación

Redacción

Será nun acto público ás 20.30, con asistencia de xogadores, adestrador, técnicos e directiva do equipo ourensán

O Concello de Ourense recibirá mañá, martes, 2 de xuño, ás 20.30 horas na Praza Maior, á Unión Deportiva Ourense (xogadores, adestrador, equipo técnico e directiva) nun acto público para celebrar o ascenso conseguido polo equipo ourensán á categoría de Primeira Federación do fútbol español.

O equipo ourensán acadou este histórico logro tras superar na última eliminatoria da fase de ascenso á Unión Balompédica Conquense, á que derrotou por 1 gol a 0 no partido de ida no campo do Couto e por 2 goles a 0 no partido de volta, que se disputou na tarde de onte en Cuenca. Un encontro que milleiros de ourensáns seguiron en directo a través dunha pantalla xigante desde a Praza Maior de Ourense.

Comparte este artigo