– Un total de 109 estudantes benefícianse desta medida pioneira que o Goberno local implantou en 2023. Malia que a competencia do transporte escolar é exclusiva da Xunta de Galicia, o Concello decidiu prestar este servizo gratuíto “para facilitar a conciliación familiar e garantindo que todo o alumnado teña as mesmas oportunidades e facilidades”, explica a alcaldesa, Digna Rivas
– Ás probas da PAU celébranse en Vigo os días 2, 3, 4. A distribución por centros reflicte a alta demanda do servizo: o IES Floriani achega 53 alumnos, do IES Mendiño son 44, e polo IES Chapela 12 usuarios. Para dar cobertura a todos eles, o Concello mobiliza dous autobuses que realizan as saídas desde Chapela e Redondela. Rivas desexou “o maior dos éxitos” a todos os mozos e mozas que afrontan estas xornadas.
O Concello de Redondela pon un servizo de transporte gratuíto a disposición do alumnado dos institutos públicos do municipio para que se desprace con total comodidade e seguridade ás probas de acceso á universidade (PAU) no campus de Vigo (CUVI).Esta iniciativa, que comezou a prestarse con éxito no ano 2023 a proposta das ANPAS no Consello Escolar Municipal, converteuse nunha ferramenta clave de equidade e apoio ás familias do municipio durante un dos momentos máis decisivos do curso académico.
Nesta ocasión, un total de 109 estudantes se beneficiarán desta medida pioneira. Malia que a competencia do transporte escolar é exclusiva da Xunta de Galicia, o Concello decidiu prestar este servizo gratuíto “para facilitar a conciliación familiar e garantindo que todo o alumnado teña as mesmas oportunidades e facilidades”, explica a alcaldesa, Digna Rivas. A distribución por centros reflicte a alta demanda do servizo: o IES Floriani achega 53 alumnos, o IES Mendiño un total de 44, e o IES Chapela conta con 12 usuarios. Para dar cobertura a todos eles, o Concello mobiliza dous autobuses que realizan as saídas desde Chapela e desde Redondela durante os tres días que duran os exames.
A alcaldesa, Digna Rivas, desexou “o maior dos éxitos” a todos os mozos e mozas que afrontan estas xornadas: “Con este servizo gratuíto que consolidamos ano tras ano, seguimos apostando firmemente pola nosa mocidade e por un ensino público de calidade para todos e todas, sen importar o lugar onde vivan”.

