Home O Salnés O Grove Plan Concellos 2021 concello do Grove

Plan Concellos 2021 concello do Grove

- Anuncio -

O Concello do Grove, para a posta en marcha do PLAN CONCELLOS 2021 na súa LIÑA 3, emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra, solicitou ante a dita institución unha subvención por valor de 268.619,37€ para a contratación de 27 traballadores/as desempregados/as inscritos nas listas do Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de Emprego, en concreto 17 peóns de obras públicas, 2 peóns forestais, 2 peóns de xardinaría, 2 condutores de camión, 2 auxiliares administrativos e 2 auxiliares de cultura.
Recibida a comunicación da concesión da subvención por parte da Deputación Provincial procederase á tramitación das correspondentes ofertas de emprego. As persoas desempregadas realizarán obras e servizos de mellora das infraestruturas municipais e servizos de atención ao público. Os contratos son a xornada completa e cunha duración de 6 meses excepto o auxiliar de cultura que a súa duración será de 5 meses.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas