O Concello abre o prazo para solicitar postos de venda e nas Festas de San Bieito e Porrigalia

Redacción
  • Poderán presentarse solicitudes de participación do 15 ao 26 de xuño ás 14:00 horas no caso de San Bieito, ata o  3 de xullo ás 14:00 horas no caso de Porrigalia para participar no gran mercado temático da festa

O Concello do Porriño afronta un mes de xullo cheo de actividades: entre elas San Bieito que se celebrará a fin de semana do 10 ao 12 de xullo, e de Porrigalia que se desenvolverá do 24 ao 26.

Así, acaban de publicarse as bases que regulan a adxudicación, instalación e funcionamento temporal de postos de venda, atraccións e casetas con motivo das Festas de San Bieito 2026, abrindo o prazo para que as persoas e empresas interesadas poidan presentar as súas solicitudes.

O período de presentación permanecerá aberto desde o 15 de xuño ata o 26 de xuño ás 14:00 horas, ambos incluídos, podendo realizarse a través do Rexistro Xeral do Concello, da sede electrónica municipal ou por calquera dos medios previstos na normativa administrativa vixente.

As autorizacións permitirán a instalación de atraccións, quioscos, postos de alimentación, artesanía e venda variada durante a celebración das festas, que terán lugar entre os días 10 e 12 de xullo de 2026.

No caso de Porrigalia, ábrese tamén o prazo para a presentación de solicitudes para a instalación de postos de venda no recinto de Porrigalia 2026, que terá lugar os días 24, 25 e 26 de xullo. O período de presentación permanecerá aberto desde o 15 de xuño ata o 3 de xullo ás 14:00 horas, ambos incluídos.

Postos dispoñibles e adxudicación

O Concello porá á disposición dos solicitantes 10 carpas e 20 postos de madeira, que serán adxudicados por rigorosa orde de entrada no rexistro. As solicitudes que non obteñan posto inicialmente pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva para cubrir posibles vacantes. A relación provisional de admitidos publicarase o 3 de xullo e a listaxe definitiva farase pública a partir do 8 de xullo.

Os postos autorizados poderán ofrecer produtos de alimentación tradicional, artesanía, demostracións de oficios artesanais e antigüidades, sempre respectando o carácter histórico e cultural da celebración.

Como presentar a documentación

A documentación poderá entregarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica municipal. O Concello lembra que as solicitudes deberán estar correctamente cubertas para seren admitidas.

Podes acceder ás bases de presentación para as solicitudes dos postos de venda de Porrigalia premendo aquí.

Preme aquí para acceder ás bases para a instalación de postos de venda e atraccións en San Bieito 2026.

Comparte este artigo