Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situaciónbde Dependencia na Modalidade Ordinaria Presencial no IES Primeiro de Marzo de Baiona

Redacción

O IES Primeiro de Marzo de Baiona vai ter unha nova oferta educativa para o próximo curso 2026/2027 ,coa implantación do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia na Modalidade Ordinaria Presencial.

A  aprobación do Ciclo Medio realizouse despois de manter unha reunión a Directora Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia, María Eugenia  Pérez Fernández, co Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, a Concelleira de Educación, Nuria Leyenda Gómez, a Dirección Escolar e o Departamento de Formación Profesional do Instituto Primeiro de Marzo  para levar a cabo esta nova implantación e dispor no Centro dunha oferta formativa completa cos xa ciclos existentes, Ciclo Básico e Ciclo Superior  en Animación  Sociocultural e Turística.

Dende o Concello de Baiona anímase a matriculación do novo Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia que comeza o vindeiro luns 15 de xuño ata o 30 de xuño.

É unha oferta educativa con alta inserción laboral con unha formación humana para traballar con persoas en Situación de Dependencia.

Comparte este artigo