A cita con Noite Fernández Guardoila será ás 20:00 horas
O Concello de Nigrán continúa este vernes 19 de xuño o seu ‘Vermú de barrio’ co concerto de ‘Noite Son’ na terraza do Centro da Terceira Idade da Alameda da Ramallosa (20:00 horas).
Noite Fernández Guardoila acompáñase só da súa guitarra acústica e dun pequeno set de percusión que manexa cos pés (un bombo e un pedal de percusión), crea unha experiencia íntima e chea de ritmo. Ademais, está comezando a introducir loops nalgúns temas para enriquecer aínda máis o que fai.
O ‘Vermú de barrio’ sigue o venres 26 con ‘Three Roosters’ ás 20:00 horas na Praza do Concello e remata con Antía Pinal o domingo 28 ás 12:30 horas (Praza do Concello). A iniciativa do Concello de Nigrán conta con parte da financiación a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra.
“Vermú de barrio naceu desde o Concello de Nigrán para apoiar aos músicos locais ao tempo que axudamos a dinamizar o comercio local e a xente socializa”, indica o alcalde, Juan González, sobre estos concertos que se levarán adiante sempre que as condicións climatolóxicas o permitan, polo que a información estará actualizada sempre en redes sociais en caso de cambios. “A idea é encher de xente as rúas nun horario familiar que facilita a conciliación e a socialización de todas as idades”.

