Alternativa trasladou ao goberno municipal a preocupación da veciñanza polo estado de deterioro dunha edificación na Rúa Sixto en estado ruinoso.
O grupo solicitou que se avalia a situación do inmoble e se determine se existe algún risco para a seguridade no camiño anexado á mesma.
Segundo indican os residentes da zona o deterioro da construción fíxose máis visible nos últimos meses, especialmente visible nas fendas existentes na fachada.
Alternativa considera necesaria unha valoración técnica do estado da edificación e, no seu caso, adoptar as medidas necesarias para previr posibles riscos derivados do seu deterioro.

