Home A Coruña A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo de mellora do sistema...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo de mellora do sistema de abastecemento no concello de Coristanco

- Anuncio -

Este contrato, cun investimento de máis de 18.000 euros, dispón dun prazo de execución de 6 meses


Definiranse as actuacións precisas para a reforma da estación de tratamento de auga potable municipal coa fin de solucionar as deficiencias detectadas, que provocan interrupcións e restan calidade no consumo da auga aos veciños

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto construtivo de mellora do sistema de abastecemento no concello de Coristanco.

Este contrato, cun investimento autonómico de máis de 18.000 euros, foi adxudicado á empresa Cuartazona Ingeniería, S.L. Os traballos contan cun prazo de execución estimado de 6 meses.

Trátase de deseñar as actuación precisas para a reforma da estación de tratamento de auga potable municipal, en funcionamento desde hai preto de 34 anos, que presenta deficiencias e precisa adaptar o seu funcionamento para o cumprimento dos estándares actuais.

Con este contrato, Augas de Galicia quere dar resposta á solicitude de colaboración do Concello para solucionar as deficiencias das instalación, que está xerando interrupcións e outros inconvenientes que restan calidade ao servizo de auga para o consumo dos veciños.
Cómpre lembrar que en xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei de medidas de garantía do abastecemento ante episodios de seca e nas situacións de risco sanitario, na que se obriga garantir o servizo axeitado de abastecemento á poboación en episodios de seca, algo a ter en conta para atopar a solución máis adecuada para garantir o abastecemento de auga en Coristanco ao longo de todo o ano.

Deste xeito, Augas de Galicia considera necesario redactar un proxecto onde se analicen as necesidades de mellora da explotación deste sistema de abastecemento, definindo unha solución técnica que permita a mellora do proceso de tratamento de auga potable, así como dos seus equipos e instalacións.

Descrición dos traballos
A estación de tratamento de auga potable sitúase no lugar de Carrizal no termo municipal de Coristanco.

O traballo que deberá realizar o adxudicatario do presente contrato é desenvolver ata un nivel de proxecto construtivo a mellora dos procesos da planta de tratamento de auga potable municipal, así como adecuar a capacidade do bombeo en alta.

Para isto será necesaria unha análise primeira da problemática a resolver, a obtención dos datos previos e a proposta de mellor solución.

O seguinte paso centrarase no estudo de alternativas valorando desde un punto de vista técnico, económico, ambiental e social as distintas opcións, así como o desenvolvemento da proposta seleccionada, de forma xustificada como mellor solución.

O adxudicatario procederá ao desenvolvemento do anteproxecto que, unha vez aprobado tecnicamente, concluirá os traballos coa redacción do proxecto construtivo das obras necesarias para a mellora das instalacións municipais de abastecemento.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén a súa vontade de cooperar cos concellos para a mellor prestación dos servizos municipais de abastecemento e de saneamento de auga á poboación, que son de competencia local.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Publicacións Relacionadas