A concelleira socialista acusa ao Goberno galego de abandonar unha infraestrutura cultural esencial para Lugo e de non dar solucióna s deficiencias en máis de medio ano
O sistema de climatización leva sen funcionar durante todo o ano 2026 mentres se multiplican as queixas dos usuarios especialmente tras as temperaturas rexistradas ao longo das últimas semanas
O voceira adxunta reprocha ao Goberno de Candia o seu “silencio cómplice” ante un novo incumprimento da Xunta coa cidade e acusa aos populares de posicionarse do lado do PP por riba do interese da cidadanía
A voceira adxunta do Grupo Municipal Socialista Ana González Abelleira denunciou hoxe as graves deficiencias que padecen as persoas usuariss e traballadorss da Biblioteca Pública Ramón Ferreiro debido ao mal funcionamento dos sistemas de climatización e ventilación do edificio, unha situación que, segundo lembrou, se prolonga durante todo o ano 2026 sen que a Xunta de Galicia fose quen de ofrecer unha solución efectiva.
- A concelleira socialista acusa ao Goberno galego de abandonar unha infraestrutura cultural esencial para Lugo e de non dar solucióna s deficiencias en máis de medio ano
- O sistema de climatización leva sen funcionar durante todo o ano 2026 mentres se multiplican as queixas dos usuarios especialmente tras as temperaturas rexistradas ao longo das últimas semanas
- O voceira adxunta reprocha ao Goberno de Candia o seu “silencio cómplice” ante un novo incumprimento da Xunta coa cidade e acusa aos populares de posicionarse do lado do PP por riba do interese da cidadanía
González Abelleira explicou que o sistema de calefacción e aire acondicionado da sala de adultos, onde moitos opsotiroes atópanse preparando as súas probas, permanece inoperativo desde comezos de ano, provocando temperaturas extremas no interior das instalacións que fan moi difícil a estancia dos usuarios, especialmente durante as xornadas de calor rexistradas nas últimas semanas.
A edil sinalou ademais que só durante a xornada de onte se rexistraron doce queixas de usuarios polas elevadas temperaturas existentes nas salas de estudo e lectura, unha cifra que considera “a demostración evidente de que o problema alcanzou un nivel absolutamente insostible”.
A esta situación súmase, segundo denunciou, a prohibición de abrir as fiestras para favorecer a ventilación natural do edificio, unha medida que lonxe de aliviar o problema contribúe a agravar aínda máis as condicións que soportan diariamente centos de persoas.
“Estamos falando dunha biblioteca pública, dun espazo destinado ao estudo, á lectura, á formación e á convivencia cultural. Resulta incomprensible que en pleno ano 2026 os usuarios teñan que soportar temperaturas insoportables porque a Xunta non é capaz de garantir o funcionamento duns servizos básicos”, afirmou.
A concelleira socialista lamentou que unha infraestrutura fundamental para estudantes, opositores, investigadores e familias lucenses se atope nestas condicións mentres o Goberno autonómico permanece instalado na pasividade.
“É esta a aposta da Xunta pola cultura e polo coñecemento? É esta a forma de coidar un servizo público esencial para centos de persoas que utilizan diariamente a biblioteca? De verdade considera o Goberno galego que os lucenses merecen estudar, preparar oposicións ou traballar nestas condicións?”, preguntouse.
González Abelleira lembrou que a Biblioteca Ramón Ferreiro é unha competencia directa da Xunta de Galicia e esixiu unha intervención urxente para reparar os sistemas de climatización e garantir unhas condicións dignas tanto para os usuarios como para o persoal.
Ao mesmo tempo, a edil socialista cargou contra o Goberno local de Elena Candia pola súa falta de reivindicación institucional diante da Administración autonómica. “O máis preocupante é comprobar unha vez máis como o Goberno de Candia cala cando os problemas afectan á Xunta. Cando se trata de reclamar investimentos ou esixir solucións ao Goberno galego desaparece toda capacidade de reivindicación. Prefiren situarse sempre do lado dos intereses da Xunta antes que defender os intereses dos lucenses e das lucenses”, sinalou.
Para González Abelleira, esta situación evidencia un modelo de cidade resignado e submiso aos intereses do Partido Popular. “Os veciños e veciñas de Lugo non precisan un goberno municipal que exerza de delegación da Xunta. Precisan un goberno que levante a voz cando outras administracións incumpren as súas obrigas e que defenda con firmeza os servizos públicos da cidade”, afirmou.
A concelleira socialista preguntouse tamén “cantas queixas máis son necesarias para que a Xunta actúe” e criticou que mentres o Executivo autonómico anuncia proxectos e campañas propagandísticas, sexa incapaz de garantir cuestións tan básicas como unha temperatura adecuada nunha biblioteca pública.
“Falamos dun servizo esencial para estudantes, mozos e mozas, investigadores, persoas maiores e familias. Falamos dun espazo público que debería ser un lugar de confort e concentración e que hoxe é motivo de malestar e indignación. Se isto non merece a atención da Xunta, entón que é o que realmente lle importa de Lugo?”, concluíu.
Por último, González Abelleira reclamou unha actuación inmediata por parte da Xunta de Galicia e instou ao Goberno municipal a abandonar o seu silencio. “Os usuarios non poden seguir soportando esta situación nin un día máis. A Xunta ten que actuar xa e Candia debe decidir se está para defender Lugo ou para seguir protexendo os incumprimentos do Goberno galego. Porque o que está a ocorrer na Biblioteca Ramón Ferreiro é un exemplo máis do abandono ao que a Xunta somete á nosa cidade ante a pasividade dun goberno municipal incapaz de erguer a voz”.

