Comeza a Semana Azul en Baiona

Redacción

Este luns 22 de Xuño deu comezo en Baiona unha nova edición da Semana Azul. A praia da Ribeira será o punto central das distintas disciplinas que se realizarán ao longo da semana e que se reparten en vela lixeira, windsurf, piragüismo, kitesurf, surf ou pádel surf.

Serán máis de 150 participantes os que poderán desfrutar dos distintos deportes náuticos. Achegar o máximo posible ao mundo do mar e que poidan desfrutar do marabilloso escenario que achega a nosa baía, é un compromiso por parte das concellarías de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona.

Comparte este artigo