O Concello de Ourense convoca un minuto de silencio, o vindeiro luns, día 29 de xuño, ás 12.00 horas, na Praza Maior, como mostra de apoio e respecto ás vítimas dos terremotos de Venezuela, e en solidaridade co pobo venezolano afectado por esta traxedía.
O Concello súmase así ao chamamento realizado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que convidaba ás entidades locais a convocar este acto ás portas dos concellos o vindeiro luns, ás 12.00 horas.

