Unión por Cambre (UXC) votou en contra da Conta Xeral do Concello de Cambre do exercicio 2024, impedindo a súa aprobación. A pesar de ser un paso fundamental para o avance en materia económica do municipio.
Alternativa critica que UxC vaia en contra do peche do exercicio económico realizado durante o seu propio mandato.
“A incoherencia política de UxC quedou novamente retratada con este asunto. As prioridades políticas de UxC non son o avance na situación politico administrativa existente, senón o partidismo puro e duro.” matiza Raúl Varela.
Alternativa tivo a responsabilidade de votar a favor, xa que a aprobación deste punto é un procedemento administrativo imprescindible para avanzar cara un novo orzamento, que permitiría destinar partidas económicas para solucionar diferentes problemáticas actuais no Concello.

