A Xunta reunirá un total de 70 expositores no XIII Corazón da Artesanía de Galicia

Redacción
  • Durante o encontro impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia, do 3 ao 5 de xullo, haberá cinco obradoiros abertos para iniciarse na forxa, no torno cerámico, no bordado sobre fotografía, no tecido de tapices e nos xoguetes de madeira
  • Na edición deste ano participarán un total de 50 artesáns representando un total de 24 oficios artesanais, haberá sete cursos de formación especializada, sesións de demostracións gastronómicas e actuacións de música e baile

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a través da Fundación Artesanía de Galicia, reunirá no XIII Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, do 3 ao 5 de xullo, un total de 70 expositores, 37 deles de Artesanía de Galicia —aos que se lles sumará o artesán Álvaro Pin, máis coñecido coma o Florencio dos Barreiros, que fará unha demostración de zocas— e 32 expositores de produtos de alimentación gourmet. Todo no conxunto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada, onde está previsto que participen un total de 50 artesáns de 24 oficios, entre os que se atopan os 12 docentes de cursos especializados e dos obradoiros de iniciación abertos a todos os públicos.

Entre os oficios artesanais que estarán representados atópanse a xoiería, a olería, os instrumentos musicais, a elaboración de zocos e de zocas, a marroquinería, o téxtil, a cantería, o bordado, a tornería, a cestería, o traballo coa madeira e co papel, a forxa, as colareiras, os xoguetes ou os labores de palla.

Dos expositores de Artesanía de Galicia, 17 son da provincia da Coruña: Alfarería Lista, Alfarería Rulo e Obradoiro Gorín, de Buño (Malpica de Bergantiños) e os obradoiros composteláns Ío Morales, Jatafarta, Kinga Haudek, Macala, Sanín Percusión Tradicional, e Sonia Arnaiz. Tamén estarán Artesanía JMR (O Pino), Ferraxe de Prata (Teo), J. Eiroa Forxa (Culleredo), Mailob (Vedra), O Carabel Ecocestos (Ferrol), Pablo Sánchez Otero (A Coruña), Redeiras Artesás (Corme, Ponteceso) e Soledad Mato (Oroso).

Da provincia de Lugo proceden Álvaro Pin (Castroverde) e 6 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia: Alba F. Castro (Folgoso do Courel), Alfarería Elías de Gundivós (Sober), Cunqueiro (Palas de Rei), LeCOOP (Lugo) e Armaior e Enxógate, de Quiroga. O Obradoiro Catoira (Ribadavia) será o único representante da provincia de Ourense mentres que de Pontevedra proceden Aitor (Tomiño), Coiro Tres Pés (Pontevedra), Eferro (Merza, Vila de Cruces), GSC Petrum (Cuntis), La Parabólica (O Porriño), Lusco&Fusco (Nigrán), M. Isabel (Silleda), Media Lúa (O Rosal), Monts Betanzos (O Grove), Pal.lium (Cangas) e os obradoiros de Vigo A Casa Rodante e AK.

Alimentación

No Corazón da Artesanía teñen especial relevancia os expositores de alimentación gourmet, que contan coa acreditación de diferentes selos de calidade, como Artesanía Alimentaria, IXP Mel de Galicia, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Castaña de Galicia e as DO Ribeiro ou Rías Baixas. Dos 32 expositores de alimentación que participan este ano, cinco proceden da provincia da Coruña: as marcas compostelás Bodegas Lodeiros, Sidrería Rabiosa e Xearte Brigitte; Deheli (Ames) e Mamá Teresa (Arzúa). Da cidade de Lugo son as empresas Adega Pedro Leivas, Bubela Artesá e Cervexa Artesá Aloumiña e, do resto da provincia, A Morena (Cervo), Cosmética Muuholloa (Monterroso), Embutidos Suarna (Navia de Suarna) e Torta de Sarria (Sarria). Mentres, de Taboada proceden Galletas Xianas, Xeou! e Sacrapastas e, de Quiroga, Ouro de Quiroga e Peruxiñas Doces Gourmet. 

Da provincia de Ourense participan Adegas Celme (Castrelo de Miño), Ánades Galicia (Vilardevós), Cienporcel (Cenlle), Nela Gourmet&Nela Biosense (San Cristovo de Cea), Sofragal (Nogueira de Ramuín), Sovoral (Xunqueira de Ambía) e Terras de Boborás (Boborás). De Pontevedra proceden A Cova (Agolada), Galo Celta (Vila de Cruces), Gil Armada (Cambados), Mare Monte Premium Fungus (Sanxenxo), Menduiña (Cangas), Requeixo e mel das Neves (As Neves), Rosabeles (O Rosal), Trasdeza Natur (Silleda), Xacobleas (Vilagarcía de Arousa) e as empresas de Lalín Do Gaiteiro e Licores Pousa.

Obradoiros Abertos

Do 3 ao 5 de xullo, en horario de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 21,30 h., o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único no que se contará con demostracións de artesanía en vivo, o programa Artesanía no Prato que combina gastronomía e artesanía, cursos especializados para artesáns —de origami, de cestería, de decoración de olería tradicional de Buño, de bordado ao aire, de azulexado esgrafiado e de técnicas de elaboración e reparación de redes— e actuacións de música e baile.

Como en edicións anteriores, inclúese a programación de obradoiros gratuítos e abertos para todos os públicos, de iniciación a diferentes oficios, para os que non é preciso realizar inscrición previa. Serán de bordado de fotografía, con Minia Banet de Variopinto; de remate de xoguetes de madeira, con Guillermo Silvent de Artesanía Silvent; de iniciación á forxa, con Jorge Eiroa; de tecido colectivo, con María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop; e de iniciación ao torno cerámico, con Carlos San Claudio e a Asociación Galega da Cerámica e outras Artesanías.

Comparte este artigo