Avanza a renovación de 21 camiños

Redacción

O Concello saca a licitación o asfaltado de máis de 5 kilómetros de vías municipais.

A actuación permitirá o asfaltado de camiños nas parroquias de Ouces, Lubre, Bergondo, Moruxo, Santa Marta, Rois, Vixoi e Guísamo.

O proxecto ven co financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña, contando cun orzamento total de 347.463,02 euros, dos cales 194.600,13 euros son de achega municipal.

Alternativa confirma que serán publicadas máis licitacións proximamente e tamén que hai novos proxectos en fase de redacción.

O grupo destaca que este paso adiante nos trámites deste expediente son un logro para seguir transformando a mobilidade no municipio.

Comparte este artigo