O parque Ramón Barba novamente a pleno

Redacción

Alternativa demandou ao goberno municipal que se faga un comunicado público nos medios municipais para explicar a veciñanza a situaciónactualizada da instalación.

A veciñanza do Temple está aborrecida do estado que presenta o parque Ramón Barba.
O goberno municipal precisou que a pasada semana houbo unha reunión coa empresa e que tras a revisión do expediente non pode ser modificado sen antes cuantificar o que se fixo e o que está pendente de executar para despois facer unha proposta.
Alternativa solicitou o acceso do informe técnico para a súa fiscalización, pero incidiu en que se dean as explicacións pertinentes á veciñanza de porque anos despois a situación non avanza, e aínda non está nin cuantificada a parte da obra feita e aquela pendente de executar.

Comparte este artigo