A Xunta de Goberno Local do Concello tratará 14 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 2 de xullo, ás 13.30 horas no salón de plenos para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 14 expedientes presentados polos servizos de Licenzas, Aperturas, Xestión urbanística, Patrimonio, Rehabilitación. Xestión económica e Artes e festexos.

Licenzas e aperturas (6). Resolverá as solicitudes de licenzas para rehabilitar e ampliar un edificio na rúa da Concordia, para reformar unha vivenda na Avenida da Habana, para executar un muro na rúa Cantareliña, para instalar ascensores en edificios de vivendas nas rúas Martínez Sueiro e Alejandro Pedrosa, e para demoler un edificio na rúa San Francisco.

Xestión urbanística (1). Dará a aprobación inicial ao Proxecto de equidistribución para a reparcelación da Unidade de Área de Execución UE-15 “La Trinidad”.

Patrimonio (3) Tratará tres reclamacións de responsabilidade patrimonial.

Servizo de Rehabilitación (1). Aprobará o Plan de Dinamización da Área de Rexeneración Urbana de Interese autonómico de Ourense.

Xestión económica (2). Dará o visto e prace ás liquidacións dos meses de novembro e decembro de 2025 do servizo de saneamento, vertidos e lixo do Concello de Ourense, pola parte a compensar co importe correspondente ó prezo público.

Artes e festexos (1). Aprobará as bases polas que se regula o procedemento para outorgar a autorización para instalar e explotar unha barra de bar durante a celebración das Festas de A Ponte 2026.

Comparte este artigo