Home Pontevedra Caldas A Xunta remítelle ao concello de Catoira o convenio para reducir o...

A Xunta remítelle ao concello de Catoira o convenio para reducir o risco de inundacións nos ríos Ulla e Sar ao seu paso polo municipio

- Anuncio -

Trátase de desenvolver o proxecto construtivo para a mellora do espazo fluvial do rego Gondomil e executar esta obra, identificada como prioritaria no Plan específico de xestión desta área de risco potencial significativo de inundación

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, remitiulle ao Concello de Catoira o convenio de colaboración para impulsar as actuacións necesarias para reducir o risco de inundación nos ríos Ulla e Sar, ao seu paso polo municipio pontevedrés.

Segundo recolle o texto do convenio, trátase de desenvolver o proxecto construtivo para a mellora do espazo fluvial do rego Gondomil, no cruce coa estrada provincial EP-8702, co obxectivo de executar as obras identificadas como prioritarias no Plan de xestión específico da área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) nestes ríos.

Tal e como establece o texto do acordo, a Xunta asumirá integramente o financiamento dos traballos, cun investimento de 300.000 euros. As actuacións están cofinaciadas con fondos Feder 2014/2020.

Augas de Galicia levará a cabo a contratación da redacción e aprobación do proxecto e as actuacións que permitan a licitación, contratación e execución das obras, así como a súa dirección e xestión ata completar a súa finalización.

Pola súa banda, o Concello de Catoira, logo da aprobación do proxecto construtivo, asume á posta á disposición dos terreos necesarios para posibilitar as obras, así como a realización das xestións pertinentes para posibilitar a súa execución. Ademais, obrígase a recibir as obras que pola súa natureza sexan susceptibles de tal recepción, a asumir o seu mantemento e conservación e á utilización das instalacións executadas de acordo coa finalidade prevista.

Plan de xestión específico da área de risco potencial significativo de inundación
Augas de Galicia redacta e revisa cada seis anos a avaliación preliminar do risco de inundacións da demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Desde o 1 de maio e ata o vindeiro 30 de xullo está aberto á participación pública o novo Plan de xestión de risco de inundacións 2021-2027, que se agarda aprobar a finais de ano.

Nestas áreas con maior risco, recóllese a necesidade de redactar un Plan específico de xestión do risco de inundación, no que se traballa a nivel de detalle na propia área para tratar de minimizar os riscos concretos. Deste xeito, trátase de incrementar a calidade ambiental das contornas fluviais e de recuperar a condición dos ríos como hábitats naturais, abordando todas as tipoloxías de medidas a adoitar por parte de cada unha das autoridades competentes.

No plan de xestión específico realizado nas áreas dos ríos Ulla e Sar, Augas de Galicia contemplou varias opcións para realizar actuacións que contribúan a minimizar o risco asociado ás mesmas, sendo considerada a máis prioritaria no concello de Catoira a mellora deste espazo fluvial do rego Gondomil, obxecto deste convenio.

En conxunto, Augas de Galicia está a desenvolver os plans específicos de xestión en 9 zonas fluviais con maior risco de inundacións. Trátase das contornas do río Umia, en Caldas de Reis e Portas; Ulla-Sar, en Padrón, Dodro, Rianxo, Rois, Catoira, Pontecesures e Valga; o Anllóns, en Carballo; Campeda, en Vimianzo; Fontecova e Trasposta, en Viveiro; Bahíña e o Groba, en Baiona; así como no Lagares, en Vigo.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez mantén a aposta pola colaboración entre as administracións e axentes implicados para estar mellor preparados fronte ao risco de inundacións e acadar unha máis rápida e mellor recuperación fronte ás súas posibles consecuencias.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Publicacións Relacionadas