Con esta liña de axudas consolídase “unha política orientada ao benestar dos maiores, un dos colectivos máis numerosos da provincia, apostando por facilitar o envellecemento na súa casa e no seu concello”, apuntou o presidente provincial, Luis Menor
En cooperación coas entidades locais, concedéronse 10 axudas destinadas a 7 concellos e unha mancomunidade por importe de 403.528,09 €, destinadas fundamentalmente a actividades e infraestruturas deportivas e mellora de viarios locais
En colaboración con entidades aprobáronse achegas por importe de 444.770,1 € a 20 colectivos, entre eles asociacións de persoas enfermas e discapacitadas, organizacións humanitarias, mundo empresarial; de promoción enogastronómica, cultura e mulleres rurais
Na sesión desta mañá tamén aprobouse a política de seguridade da información da Deputación, e dos seus organismos dependentes, un traballo moi especializado e de vital importancia para garantir a ciberseguridade da institución
Ourense, 6 de xullo de 2026.
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a repartición de axudas por un importe próximo a 1 M€ (998.298,19), destinados á cooperación cos concellos y entidades, así como a facilitar o acondicionamento de fogares de persoas maiores.
Este último capítulo correspóndese coa resolución da segunda convocatoria de axudas destinadas á reforma de vivendas e adquisición de equipamento técnico para maiores de 65 anos e que tiña unha dotación económica de 150.000 €, o que supuxo un aumento do 50 % con respecto á primeira edición deste programa. Así, concedéronse un total de 70 axudas que permitirán mobilizar máis de 225.000 euros en obras de mellora das vivendas.
A resposta a esta convocatoria foi rotunda, pois presentáronse 300 solicitudes e o crédito esgotouse ao día seguinte da apertura do prazo. Unha demanda que confirma “a necesidade real deste tipo de axudas entre as persoas maiores, e que reforza a aposta da institución por manter e ampliar esta liña de apoio”, declarou o presidente da Deputación, Luis Menor, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.
“Estas achegas destínanse a paliar os condicionantes que máis inflúen no día a día das persoas maiores no seu fogar”, explicou Luis Menor, sinalando que as obras máis solicitadas foron as de mellora da habitabilidade, seguidas de accesibilidade e adquisición de axudas técnicas.
En conxunto, oito de cada dez euros concedidos (120.000 €) son para investimento en obra e equipamento, mentres que os 30.000 € restantes cobren gasto corrente, “o que garante que o groso da axuda se traduza en melloras materiais e duradeiras”, apuntou o presidente provincial.
Cada persoa beneficiaria recibirá unha contía media de 2.142,86 €, e máis da metade, o 54,3%, alcanzou a cantidade máxima de 2.500 € por solicitude (este ano tamén incrementouse a axuda máxima en 500 €).
O impacto do programa repártese por toda provincia, alcanzando o 30% dos 91 municipios da provincia, encabezados por Ribadavia, A Veiga, Piñor e Pereiro de Aguiar, que concentran o maior número de persoas beneficiarias. A estes concellos séguenlle A Gudiña, A Mezquita, Amoeiro, Avión, Castrelo do Val, Cenlle, Esgos, Leiro, Lobios, Manzaneda, Maside, Melón, Muíños, Nogueira de Ramuín, O Carballiño, Oimbra, Parada de Sil, Riós, San Cristovo de Cea, Sarreaus, Trasmiras, Verín, Viana do Bolo e Xunqueira de Ambía.
O obxectivo último destas intervencións é facilitar a mobilidade e a autonomía dos maiores no seu domicilio, para que poidan prolongar a súa residencia na vivenda habitual, na súa contorna e coa súa xente. Trátase en definitiva, destacou o presidente provincial, “de acompañar un envellecemento activo, seguro e digno, evitando desprazamentos non desexados e reforzando o arraigamento ao territorio”.
Con esta liña de axudas, a Deputación de Ourense consolida “unha política orientada ao benestar das persoas maiores, un dos colectivos máis numerosos da provincia, apostando por facilitar o envellecemento na súa propia casa e no seu concello”, subliñou Luis Menor.
Cooperación co concellos
En cooperación coas entidades locais, a Xunta de Goberno concedeu un total de 10 axudas destinadas a 7 concellos e unha mancomunidade por importe de 403.528,09 €, destinadas fundamentalmente a actividades e infraestruturas deportivas e mellora de viarios locais. En detalle, as achegas aprobadas foron:
ñ 117.820,03 € ao Concello de Lobios para melloras no entorno do balneario de Lobios.
ñ 7473,08 € para a BTT Rutas por Larouco.
ñ 20.000 € para o programa deportivo-terapéutico de Muíños, no que tamén participan Lobios e Lobeira.
ñ 4.235 € para traballos técnicos en Riós.
ñ 50.000 € á Mancomunidade de concellos da comarca de Verín para gastos de funcionamento.
ñ 106.000 € para tres actuacións en Cartelle: melloras no campo de fútbol de Outomuro (10.000 €); e dúas axudas de 48.000 € cada unha para reparación de camiños e pistas municipais.
ñ 35.000 € a Coles para firme no camiño en Soutullo de Arriba.
ñ 62,999,98 € a favor do Concello de Cualedro para a pavimentación da pista do Larouco.
Colaboración con entidades
Polo que respecta a entidades, concedéronse preto de 445.000 € (444.770,1 €) a 20 colectivos dos máis diversos ámbitos, entre eles asociacións de persoas enfermas e discapacitadas, organizacións humanitarias, mundo empresarial; de promoción enogastronómica, cultura e mulleres rurais. Así figuran:
ñ 40.000 € para a Fundación Discapacitados Psíquicos Terra de Celanova.
ñ 30.000 € ao Banco de Alimentos de Ourense.
ñ 20.000 € á Federación Española de Deportes Discapacidade Intelectual (FEDDI), para o Campionato do mundo atletismo pista corta Virtus 2026.
ñ 3.000 € para a “Carreira Vilamartín, contra o cancro de Páncreas”, organizada pola Asociación Cancro de Páncreas de Valdeorras (ACAPAVAL).
ñ 50.000 € para gastos de funcionamento da Asociación de Empresarios do Barco de Valdeorras (AEVA).
ñ 45.000 € ao Consello Regulador Ribeiro para gastos de funcionamento, servizo de certificación de produto e organización de misións inversas.
ñ 32.000 € con destino á Ruta do Viño de Valdeorras para o convenio de colaboración e apoio á Ruta das Covas.
ñ 25.000 € á Asociación Amigos da cociña Galega, para promoción da gastronomía e produtos ourensáns.
ñ 20.000 € para a Federación de Mulleres Rurais en concepto de gastos de funcionamento.
ñ 20.000 € á Universidade de Vigo para as escavacións no Castro de Armea.
ñ 18.000 € para gastos de funcionamento do Museo do Pobo Galego.
ñ 10.000 € co mesmo destino para a Real Academia das Belas Artes.
ñ 10.000 € para gastos de funcionamento da asociación cultural Rebulir.
ñ 4.000 € a favor da Agrupación Musical Lopolias, para gastos de funcionamento.
ñ 75.000 € á Federación Galega de Fútbol para a Copa Deputación fútbol e futsal masculino e feminino.
ñ 15.000 € ao Sporting de Celanova, para gastos de funcionamento do club.
ñ 10.770,10 € a favor do Club Deportivo Verín para a renovación do céspede.
ñ 8.000 € á Escudería Taboadela para a Subida a Taboadela.
ñ 6.000 € ao Club Sincronizada Ourense para o campionato galego.
ñ 3.000 € con destino ao Club Val de Támega para gastos de funcionamento.
Seguridade da información
Na sesión desta mañá tamén aprobouse a política de seguridade da información da Deputación, e dos seus organismos dependentes, un traballo moi especializado e de vital importancia para garantir a ciberseguridade da institución.
Na actualidade, a Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación está a realizar os trámites oportunos para obter a certificación no Esquema Nacional de Seguridade, o que implica dispoñer de protocolos para xestionar e garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade de todos os datos da Deputación, protexéndoos fronte a danos accidentais ou ataques deliberados.
O obxectivo final con este proceso é garantir a calidade da información e a prestación continuada dos servizos ao cidadán, agora que se está a impulsar a administración dixital, actuando de modo preventivo, supervisando a actividade diaria e reaccionando con axilidade ante calquera incidente.
Outros asuntos
A orde do día pechouse con outros asuntos de trámite, como tres modificacións do plan provincial de cooperación que afectan aos concellos de Barbadás, Celanova e Xunqueira de Ambía; unha expropiación para a segunda fase da mellora da travesía de Ribela, en Coles, na OU-552; e a proposta de reparto de uso dos espazos do Pazo dos Deportes Paco Paz para a tempada 2026-2027.

