O PP esixe a reparación das estradas e o reforzo das tarefas de limpeza no lugar de Pontecabras

Redacción

O presidente e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e o concelleiro Martín Martínez, visitaron o lugar de Pontecabras, na parroquia de Alba, para solicitar a reparación das estradas municipais, o reforzo das tarefas de limpeza e a renovación da sinalización informativa para garantir un mantemento digno desta zona do rural.

Os populares demandan ao Goberno municipal do BNG que inicie unha rolda de contactos cos veciños e veciñas para atender demandas tan sinxelas de executar dende a administración como o arranxo das fochancas, a roza da maleza e a retirada dos restos de lixo almacenados dende hai meses no entronque co lugar da Gándara. 

Comparte este artigo