A Deputación apoia a formación dos xogadores de fútbol máis novos colaborando no Campus Atlético de Madrid

Redacción

O presidente provincial, Luis Menor, visitou hoxe, acompañado polo asesor de Deportes da Deputación, Enrique Álvarez, no colexio Salesianos ao máis de medio cento de rapaces que participan nesta actividade, organizada tamén pola Asociación Deportiva Bosco

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe, acompañado polo asesor de Deportes da Deputación, Enrique Álvarez, o Campus Atlético de Madrid, que organizan a academia do club colchoneiro e a Asociación Deportiva Bosco Salesianos, coa colaboración da institución provincial.

Luis Menor coñeceu a través do presidente, xerente e coordinador deportivo desta asociación, Lupi Peña, Manuel Blanco e Soni Vázquez, respectivamente, os detalles deste campus, no que coa presenza de cinco adestradores, un específico para porteiros, participan máis de medio cento de rapaces, desenvolvendo ata o próximo sábado un completo programa de adestramentos específicos, actividades de tecnificación e de mellora individual.

O presidente provincial agradeceu ao Atlético de Madrid que apostara unha vez máis pola provincia de Ourense para este tipo de programas, lembrando que xa estiveron en ocasións anteriores en Viana do Bolo. Tamén tivo de palabras de agradecemento para a asociación Bosco por acoller e apostar por este campus.

A Deputación, subliñou, apoia de xeito firme este tipo de formación, que facilita aos xogadores máis novos o acceso a técnicos de primeiro nivel a través de importantísimos clubs como o Atlético de Madrid, lembrando que tamén con outros equipos escollen distinto puntos do territorio ourensán para estas actividades, como o Deportivo en Muíños, o Celta en muchos puntos da provincia ou o Real Madrid que ven de rematar o seu campus no Carballiño.

Comparte este artigo