Luis Menor destaca a adega-restaurante FATHER 1943 – Paisana como exemplo de “motor de emprego, turismo e orgullo” para a comarca de Monterrei 

Redacción

O presidente da Deputación de Ourense participou hoxe na inauguración deste novo espazo hostaleiro en Vilamaior que está ligado á iniciativa matriz da Reitoral do Monaguillo

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta tarde na inauguración da nova adega-restaurante FATHER 1943 – Paisana, situada na localidade de Vilamaior, en Verín. Trátase dun proxecto hostaleiro e vitivinícola que está ligado á iniciativa matriz da Reitoral do Monaguillo.

Durante a súa intervención no acto institucional —no que tamén participaron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a conselleira do Medio Rural, María José Gómez; o bispo emérito de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, e os fundadores do proxecto—, Luis Menor cualificou a apertura deste novo espazo como ” unha mostra rotunda de confianza na nosa terra, na nosa xente e no futuro de Verín e de toda a comarca de Monterrei”.

O presidente provincial quixo agradecer profundamente “esta aposta decidida por crear vida no rural ourensán”, subliñando que proxectos destas características son “os que dinamizan a vida social e económica dunha comarca, converténdose en motores de emprego, de turismo e de orgullo local”.

Luis Menor salientou a importancia estratéxica de que este proxecto naza estreitamente ligado ao sector vitivínicola, “un dos grandes piares da nosa provincial”, afirmando que Monterrei é “unha terra privilexiada onde o viño forma parte da nosa identidade, da nosa cultura e da nosa forma de entender a vida”.

Comparte este artigo