Home A Coruña A Xunta de Goberno Local toma coñecemento dun informe de diagnose dos...

A Xunta de Goberno Local toma coñecemento dun informe de diagnose dos muros de Fontiñas, que recolle as reparacións urxentes e un plan de mantemento

- Anuncio -

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, tomou coñecemento dun informe de diagnose dos muros de Fontiñas, no que se recollen as reparacións urxentes e o plan de mantemento dos mesmos. Tamén deu luz verde ao Campamento de Verán de Surf en Oleiros, do que hoxe se abre o prazo de inscrición, e aprobou a adsrición temporal á concellaría de Acción Cultural, por dous anos, do inmoble situado na rúa do Preguntoiro, número 1, que se destinará a actividades relacionadas coa imaxe cultural do concello de Santiago. Dos acordos adoptados informou a primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón.

O informe do que se deu conta, de data 4 de maio, foi redactado polo departameto de Proxectos e Obras. Fai unha diagnose dos muros de contención de titularidade municipal do barrio de Fontiñas; e nel establécense as reparacións urxentes e o plan de mantemento dos mesmos. Este documento técnico está orientado a definir distintos períodos de catalogación, reparación e mantemento. Divídese en tres fases.

A primeira fase é a catalogación dos muros e a diagnose do seu estado. O documento recolle una serie de actuación preventivas, correctivas e de mantemento, como recolación e ancoraxe de peitorís, consolidación parcial do muro mediante recolocación de perpiaños de granito, limpeza, reparación e/ou dotación de novos elementos de drenaxe, impermeabilización de trasdós mediante obras de pavimentación; e actuación tendentes a diminuir a presión hidrostática.

Estas actuacións preventivas, á súa vez, clasifícanse en fases de actuación no tempo: inmediatas, de menos dun ano; a curto prazo, de entre un e tres anos; e programables, de máis de tres anos.

A fase dous consiste na planificación e predeseño das actuacións clasificadas como urxentes; é dicir, as clasificadas na anterior fase como inmediatas, de menos dun ano. Nesta fase identificáronse tres muros: Rúa de París con interseción da rúa de Moscova, Rúa Bruxelas e Rúa Varsovia; o muro da Rúa de Roma co Parque de Carlomagno; e o muro entre a Praza Sofía e a Rúa do Valiño, que precisan de actuacións urxentes de máis envergadura que as contempladas na primeira fase. Obras como ancoraxes, contrafortes, pantalla de micropilotes, etc, que garantan a súa estabilidade en base ás respectivas hipóteses de cálculo.

A fase 3, contempla un plan de inspección, conservación e mantemento; unha ferramenta que permita sistematizar o mantemento dos muros, levando a cabo un seguimento das patoloxías detectadas nas anteriores fases, coa finalidade de anticiparse a posibles riscos que puidesen derivarse do posible colapso parcial/total dos mesmos.

Na Xunta de Goberno Local tamén se deu luz verde á adsrición temporal á concellaría de Acción Cultural, do inmoble da Casa do antigo Concello, situado na rúa Preguntoiro , 1, para que nel se desenvolvan actividades relacionadas coa imaxe cultural do Concello e a súa promoción. A adscrición é temporal e terá unha duración inicial de 2 anos, prorrogables por outros dous.

Por outra banda, aprobouse o Campamento de Verán de Surf en Oleiros, organizado pola Concellería de Mocidade, cuxo gasto ascende a 8.470 euros. Conta con 20 prazas e desenvolverase entre o 2 e o 9 de xullo de 2021. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, 24 de maio.

Ademais, aprobouse a cesión temporal de distinta documentación, propiedade do Concello de Santiago; para que sexa utilizada en dous proxecto expositivos distintos: “Xacobeo. Las huellas del camino” e “Memorias do Café Derby”.

A maiores concedéronse tres licenzas: unha para a rehabilitación dunha vivenda na Ribeira de San Lourenzo; e outras dúas concedidas á Papelera de Brandía para a construción dunha nave destinada a almacén; e para a reforma e ampliación dun local destinado a oficinas e vestiarios. Estas dúas últimas obras levaranse a cabo na rúa Paseo da Amaia.

Xunta de Goberno extraordinaria e urxente
Ao mediodía tivo lugar unha segunda Xunta de Goberno extraordinaria e urxente, na que se aprobou un expediente de crédito extraordinario por 56.254,65 euros; e un suplemento de crédito por 22.513,63 euros. Estes dous expedientes fináncianse con baixas por anulación.

Este suplemento de crédito de 22.513,63 euros, permitirá ao Concello dar cobertura á licitación do contrato para o selado do vertedoiro de Aríns, e aos gastos técnicos que conleve a actuación.

En canto ao expediente de crédito extraordinario, dívidese en dúas partes: destinaranse 7.900 euros para dotar a achega municipal que lle permita ao Concello de Santiago acollerse á subvención da Xunta de Galicia, do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021 (DOG nº 15 do 25 de xaneiro de 2021). O obxecto a executar será a adquisición dun vehículo con distintivo ambiental cero emisións para o “Proxecto de sendas peonís dos xiros aos montes de Compostela” que o Concello está desenvolvendo.

Os outros 48.354,65 euros, destinarasen a dotar a achega municipal que permita ao Concello de Santiago de Compostela acollerse á subvención convocada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022 (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2021).O obxecto a executar será o acondicionamento de camiño agrícola en Requesende (Sabugueira).

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas