Alternativa abstivose na aprobación da conta xeral de 2024

Redacción

As preguntas formuladas por Alternativa sobre a conta xeral do 2024 non foron respostadas polo goberno municipal, tampouco a motivación do retraso da presentación do expediente ou a falta de orzamentos nos últimos anos.


Alternativa coa súa abstención non impidediu o avance do expediente xa que é un procedemento imprescindible para progresar nun orzamento para esta anualidade, pero deixou en manifesto a súa desconformidade coa xestión.

O grupo sinalou durante o debate que o superávit de 5,6 millones de euros podería terse invertido en servizos necesarios para a veciñanza dende hai décadas. “É importante ter en conta que non nos encontramos ante unha empresa privada, onde o feito de que quede beneficio pode ser algo a salientar positivamente. Nun Concello o importante sería que todos os cartos dispoñibles sexan destinados en beneficio da veciñanza”matizaba a voceira do grupo, Thais Palla.

A falta de orzamentos dende o inicio do mandato foi outro dos argumentos de Alternativa para non apoiar a aprobación do expediente e destacar o desacordo coa xestión do actual goberno.

Comparte este artigo