Impulsado polo Concello de Ourense, o festival ofrecerá actuacións de catro agrupacións locais este mércores 22 de xulloás 20:00h.
O Auditorio Municipal abre as súas portas este mércores 22 de xullo, ás 20.00 horas, para acoller o “2º Festival Evangélico de la Iglesia de Ourense”, un encontro cultural de carácter gratuíto organizado por o Concello de Ourense.
A iniciativa busca poñer en valor o talento musical e a expresión artística da cultura xitana a través dun programa variado en estilos e idades.
O Concello invita a toda a cidade a participar deste espectáculo pensado para toda a familia e a desfrutar da tradición e a espiritualidade que o caracteriza.
A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

